O.

Once libros en gallego para niños y niñas de Primaria

Once libros en gallego para niños y niñas de primaria

Se acerca la vuelta al cole, así que os traigo una propuesta de libros en gallego para niños y niñas de Primaria. Entre ellos, of course, he incluido a mi Clover. Todos los libros los tenéis en la web de Aira Editorial.

Historia da Galicia pequeniña

César Cequeliños, Jorge Campos

O pasado de Galicia como nunca cho contaron. Mapas, obxectos, acontecementos e personaxes para que nos coñezamos mellor.

Dos autores do Atlas da Galicia pequeniña.

Un día de festa en… Allariz

César Cequeliños, Jorge Campos

Todo pronto para coñecer un lugar fermoso, cheo de historia e de natureza, con moitas cousas para facer, para compartir e para lembrar. Unha viaxe que nunca esquecerás.

Gazafellos

Fon

Quen che contou que os Gazafellos non existen? Abofé que existen. E son ben graciosos e extravagantes. Descubre que aventuras lles pasaron a Mauro e Tiago cando coñeceron a Fede e o seu mundo se revolucionou.

A partir de 8 anos.

Tres contos para crianzas

Vicente Risco

Tres pequenas historias cheas de encanto e de retranca. Aquí os labregos e labregas conversan con reis e mouras e grazas ao seu enxeño e bondade apréndennos que a intelixencia é máis valiosa ca o ouro. Con este libro, escrito na década do 1920, Vicente Risco converteuse en pioneiro da literatura infantil en galego. Agora edítanse coas imaxinativas ilustracións de Noemí López e seguindo a edición e actualización ortográfica de Xulio Pardo de Neyra, un dos grandes eruditos na obra do ourensán.

Clover

Beatriz Cabaleiro

Clover é unha porquiña norirlandesa que acaba de chegar ao equipo de baloncesto de Vila Liberdade. As súas manchiñas, coa curiosa forma do trevo, van chamar a atención das súas compañeiras e espertar as súas suspicacias.

Álbum bilingüe galego-inglés pensado para lectores de Primaria.

O debú de Beatriz Cabaleiro.

O destino de Kameko

Abel Alves e Jorge Campos

Chiharu é unha moza orfa salvada da morte por unha misteriosa guerreira. Quen é esa nena que leva semrpe unha tartaruga no alto da cocorota? Por que quere apreixala o máis desapiadado asasino do imperio?

Abel Alves e Jorge Campos compoñen unha trepidante historia de aventuras, unha homenaxe á cultura do Xapón. Unha lectura que te vai deixar sen alento.

A partir dos 10 anos.

Atlas da Galicia pequeniña

César Cequeliños, Jorge Campos

Libro ilustrado pensado para crianzas de todas as idades que percorre moitas áreas da identidade nacional galega: xeografía, historia, lendas, personaxes célebres, festas e celebracións, símbolos… Un percorrido visual útil para aprender a coñecernos mellor como pobo, desenvolvido con mestría por César Cequeliños e por Jorge Campos, premio da Gala do Libro 2017 polo seu cómic Alter·Nativo.

Teño dereitos

Miguel Robledo

Libro ilustrado para primeiros e primeiras lectoras. Promovido por Esculca. Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades, busca ser un libro informativo sobre os principais dereitos humanos, contados dun xeito que faga nacer a curiosidade das crianzas a través dun universo colorido e simbólico moi moderno.

No mundo cométense moitas veces inxustizas e abusos sobre as persoas. Mais todo ser humano, polo simple feito de selo, sexa cal for a súa orixe, a súa familia, as súas capacidades e diferenzas, merece ser protexido. Temos dereitos e ninguén pode vulneralos ou ignorar que son o ingrediente fundamental da liberdade das persoas e das sociedades.

Macedonia de versos

Concha Blanco e Lidia Nokonoko

PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO 2019 NA CATEGORÍA DE 1º E 2º DE ENSINO PRIMARIO

Libro de poesía infantil ao redor do mundo das froitas. Os e as lectoras poden ir descubrindo a riqueza froiteira de Galicia mediante versos e unhas ilustracións evocadoras e moi divertidas. Este libro amais de lírico é informativo xa que permite que as crianzas aprendan os nomes das froitas en galego.

Para facilitar o traballo escolar con este libro, preparamos unhas unidades didácticas que permitirán o uso na aula destes zumentos e nutritivos poemas.

Heidi

Johanna Spyri

O toutizo do Metiu do Alpe, o veciño do que ninguén quere saber, vai ter que tomar conta da súa neta orfa, Heidi. A chegada da cativa á cabana do avó cambiará para sempre a súa vida. Chega á colección ‘Clásicos ilustrados’ unha novela inesquecible, un clásico da literatura alemá, un tesouro da cultura suíza. Unha reinvidación da vida sinxela, un canto de gratitude aos dons que outorga a natureza máis esgrevia. Quen coñece a Heidi non pode apartala xa nunca máis do seu recordo, que é o mesmo que dicir do seu corazón.

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar