Sóltao
O mar convértese
nunha nota musical
que vibra
ata ser unha extensión do sol:
raios que rectan
outra luz, outro feito, outra fazaña.
Conxélase
no tempo:
bailes, meditacións,
sorrisos,
e quero alcanzar os soños
que se atascan na gorxa
—Sóltao.
—Beatriz Alonso Cabaleiro; Praia de Lagos (Beluso), 19 de agosto do 2018.